2009 Instalación

Reflejos: Réplicas (Diálogos en Unland)

Luz, abedules, espejos (2 lámparas y cables eléctricos, 27 árboles de espuma, resina y latón, 3 espejos de tocador). Dimensiones variables.

[G]
Estar comprendido entre uns límites, nun horizonte visual momentáneo ou duradeiro, é absolutamente esencial para a paisaxe; a sua base material ou os seus trozos aillados poden ser tidos, sen dúbida nengunha, por natureza, pero representada coma paisaxe exixe un ser-para-sí poida que óptico, quizaís estético, ou conforme o sentimento, unha exención singular e caracterizante a partires de aquela unidade indivisible da natureza na que cada trozo só pode ser un punto de tránsito para as forzas totais da existencia. A natureza, que no seu ser e sentido profundo nada sabe de individualidade, é reconstruida pola mirada do home que divide e que conforma o dividido en unidades ailladas na correspondente individualidade paisaxe.

Unland é reflexo e réplica deste universo total e fragmentario dunha apaisaxe actual, unha atopía que non se convirte nun lugar concreto pero que tampouco podemos considerar utópico. Non está por alcanzar, senon que quedou detrás da nosa experiencia e, se ben xa non parece posible que regresemos a ela, tampouco se nos debuxa como un horizonte. Se cadra o que hoxe habitamos non é necesariamente unha cidade e a súa paisaxe, senon un estadio posterior no que, por outra banda, fora da experiencia urbana, xa non queda case nada. Como o tempo mesmo, Unland reside no que xa non está e no que está por vir. É o ligamento que permite a transmisión da memoria ou, ao menos, do esencial de ela: ese desexo inalienable de chegar a ser habitantes dun mundo máis armonioso e fermoso.